domingo, 18 de septiembre de 2011

Un ano máis , desde Neda á Romaxe do Casón pasando por S. Andrés de Teixido . Tamén algunhas fotos da Romaxe 2011


A neta de Javier de Fraguio . O futuro da Romaxe está asegurado.
..........................................................................

Un ano máis animeime a facer unha visita á Romaxe de Casón , saindo de Neda e pasando por S. Andrés de Teixido .
Saín de Neda ás catro da mañá , noite pechado nin que decir ten , con moi boa temperatura e con unha mochila de 8 Kg. ao lombo .
O traxecto foi a habitual de outros anos , o antigo camiño a S. Andrés e logo baixar ata O Casón cruzando a Capelada.
Durante catro horas , ata as 8.00 h. aproximadamente , camiñei de noite cunha linterna tipo mineiro na cabeza . Foi unha experiencia interesante , eu só polo monte acompañado dalgunha curuxa , algún corzo e un golpe. Esa foi toda a miña compaña ata chegar a Porto do Cabo , que xa empezaba o amencer.
Nesta aldea fixen a primeira parada , metinme no rio para refrescar os pes e despois fixen o almorzo cun pequeno bocadillo e unha bebida isotónica desas modernas.
Despois dunha boa subida desde Porto do Cabo , e unhos cuantos Kms. polo monte , cheguei á fermosa aldea de Sisalde , un val cheo de plantacións de millo e vacas nos lindeiros que me saudaban ao pasar. Logo cheguei á Veciñeira donde recibín o saúdo do Sr. Arturo , garda forestal da Xunta, que se atopaba cunhos amigos no bar . Coñecémonos de coincidir xuntos tomando o café no bar de Pedro en Mera.
Pasada a Veciñeira , empeza xa a dificultade de encarar a Capelada , varios Kms. máis de subida e monte ata chegar a Candales , donde empeza realmente , así pon o letreiro , o Monte da Capelada.
Máis monte , máis subida , algún cabalo ceibo e atópome coa a última aldea antes de chegar a San Andrés de Teixido , Reboredo , coa capela de San Roque.
Último tramo de subida e chega o momento tan esperado de ver o mar , e xa alá abaixo a aldea de S. Andrés de Teixido, lugar de peregrinación de fieis católicos e de outros que vimos a contemplar unha das paisaxes máis impresionantes de Galicia e de España.

Parei aqui un pouco a tomar algo e mentras mercaba unha auga para levar de reposto para o tramo final , atopeime con dous paciente meus , José e Paco que viñan desde Mera a dar unha volta.

Teño que decir que vaixei a S. Andrés polo milladoiro de Cedeira , unha pendente que che deixa as pernas rotas , sobre todo condo xa levan enriba 40 Km.

O último tramo de S. Andrés a Mera son 14 Km., cunha tremenda subida ata o campo da Armada. Decidin facer esta subida dunha maneira tradicional , polo antigo camiño que utilizaban os romeiros que viñan de Mera , Ortigueira , A Mariña e todo o Norte de Galicia. Este camiño , é o Camiño de Teixedelo , cunha tremenda pendente, cheo de pedras e dalgunha vaca con cara de poucos amigos . Cheguei ó campo da Armada medio reventado , pero cheguei .
Todo para abaixo ata chegar ó Casón donde se celebraba a tradicional Romaxe .

Un ano máis cheguei . Se Deus me dá saúde , voltarei no ano 2012 a facer estos 54 Km. maravillosos para atoparme con xente maravillosa.

Quero agradecer de corazón o recibimento que sempre me ofrecen os amigos e pacientes de Mera, Mera de arriba, San Adrián ,e outros lugares . Recibo invitación de todos para comer , pero non poido comer en tódalas merendas . De verdad , síntome demasiado ben tratado .
MOITAS GRAZAS A TODOS.

¡¡Ah , esquecíame , o Luns non quero ver a ninguén na consulta!! . É broma

FOTOS DA ROMAXE 2.011


Co Dr. Ignacio Pellit , antigo compañeiro de traballo e que agora exerce a súa profesión de médico en Lourenzá . Alegreime de velo despois de tantos anos.

A esposa de Ignacio Pellit con Lola e María del Mar

Grupo de gaiteiros na Romaxe



A carpa da familia Castrillón-Villar e outros

Ángeles das Cascas, agora da Vila, noutra carpa de romeiros

Pilar e Modesto na carpa dos de Mera . Por certo , Pilar fai unhos melindres riquísimos.

Manolo coa súa filla e unha amiga .



A carpa de Cholo , Pura e moitos máis

Unha vista da Romaxe

Guillermo, o xenro de Peteiro, na carpa dos de Mera

Luis supervisando

Sira e Vicente

Os Novo - Landrove non perden o tempo

Luis e Loli
Loli foi unha das cociñeiras do grupo de Mera . Entre ela e Vicente ( Moreno) fixeron duas paellas , que en teoría eran para 40 , pero dou fe que 80 tamén comían . Agradezo a invitación . A paella estupenda, e para dixerir todo, requeixo e bica. Fame, o que se di fame, non pasamos.

Lola e Bernardo

Outra estupenda carpa xa tomando o café



A carpa dos de Mera

O Moreno partindo tarta

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.