domingo, 16 de septiembre de 2012

Andaina 2012 . Neda-San Andrés de Teixido - Romaxe do Casón - 52 Km.

Un ano máis chegou o mes de Setembro e como non podía ser menos, a Romaxe do Casón en San Adrián ( Ortigueira) , una  oportunidade inmellorable para facer unha boa andaina e acompañar a moita xente coñecida nesa maravillosa Romaxe.As previsións do tempo non podían ser mellores , todo apuntaba a un día soleado e con boa temperatura.
Despois de facer tódolos preparativos o día anterior , levanteime as 04.45 horas  para facer un bo almorzo e finalizar a preparación da mochila con botellas de auga e bebida isotónica , 3 plátanos , barras enerxéticas e unhos preparados de fruta . A mochila pesa unhos 7 Kg. , moito peso para unha andina longa e de gran dificultad. O vindeiro ano , se hai saúde , teño que facelo dotra maneira , pero non é posible levar tanto peso.Chegado o 2013 , e se a crise non acaba con nos , xa artellarei algo para ir máis libre.

Saín da casa as 06.00 horas , habia unha noite estrelada e moi boa temperatura . Inicio a andaina e durante hora e media aproximadamente camiñei de noite . As 07.30 horas xa habia unha luz do amencer que permitía camiñar sen linterna.. Camiñei sen problemas  ata o pantano das Forcadas donde fixen un pequeno descanso para repoñer forzas .

O tramo ata Porto do Cabo tamén resultou sen problemas , unicamente o susto que me deron alguns cazadores que andaben facendo unha batida , creo que para cazar corzos. Como xa é tradicional nas anteriores andainas parei en Porto do Cabo e refresquei os pés e un pequeno lavado de cabeza e cara nunga auga fría que foi moi reparadora. Saindo deste lugar , espera unha subida importante por un camiño de monte en bastante boas condicións ..... Sisalde ,  A Veciñeira e a partir deste lugar xa empezo a adentrarme na Serra da Capelada , pasando por Candales e como última aldea antes de chegar a San Andrés , Reboredo , coa capela de San Roque .
Xa cos pés bastante perxudicados vexo ó lonxe a aldea de San Andrés . Para chegar ali,  baixo polo milladoiro , unha baixada de máis de 1 Km. cunha pendente moi seria chea de pedras e curvas . As dedas  son as que máis sufre xa que se clavan con forza contra o fondo da bota . Pero non queda máis remedio que baixar . Chego a San Andrés e xa escoito o coro da iglesia . Debe de haber misa nese momento. Paro no primeiro bar que hai entrando dende o milladorio . Tomo unha caña de cervexa ben grande e fresquiña ,,¡¡ soubome a gloria !!. merco duas botellas de auga e con determinación empezo o meu camiño para chegar a Romaxe do Cason . Son as 12.30 horas.

Igual que baixei polo milladoiro de Cedeira agora penso subir polo milladoiro de Mera . Esto xa son palabras maiores . Despois de pasar polo aparcadoiro  , onde habia 9 autobuses e máis de 100 turismos ( San Andres é o santuario católico máis visitado de Galicia despois do de Santiago de Compostela) , collo o camiño da esquerda , paso pola Lagoa e inicio unha subida tremenda por un camiño que discurre entre congostras e tapado con moita vegetación... pedras , moitas pedras que fan a subida ainda máis dificil.
Teño que confesar que chegeui ó final do milladoiro bastante perxudicado . Tiven que descansar un rato antes de sair pola carretera ata o Campo da Armada.

Quedanme para chegar ata o Casón unhos 10 Km. , os peores, xa que son os últimos, e os pés xa empezan a doer bastante , pero non vou quedar eiqui asi que inicio o camiño ata o Casón . Coñezo ben o camiño e son consciente do que me vai quedando. Chego por fin ó cruze da Fervenza e do Pozo do Inferno , e xa estou ouvindo os foguetes da romaxe . Són anxelical para mín xa que teño a miña meta moi preto .
É a primeira vez que baixo polo camiño do Pozo do Inferno , xa empezou a música da orquesta . Cada vez  o son está máis preto . Paro un momento no camiño e cambio de roupa xa que non quero que pensen que chegou á Romaxe un castrón.
 Pozo do Inferno , lugar por donde pasei na baixada ó Casón ( Foto de Alejandra)
A Fervenza , xunto co Pozo do Inferno , duas maravillas naturales que puiden ver mentras baixaba.
¡¡¡  Que baño me pegaría nese momento que viña feito polvo !!
( Foto cedida por Alejandra )

¡¡ Xa cheguei !!.Son as 14.30 horas.  O Camiño polo que baixei vai dar á pista  entre a Pena do Vilar e o Casón.
A orqueta tocando e mozos e maiores bailando . Esa foi a miña primeira visión cando cheguei ó meu destiño , A ROMAXE DO CASÓN . Un ano maís o corpo aguantou ben . Agora a disfrutar un pouco deste lugar , desta maravillosa xente e desta Romaxe inigualable.

Como cada ano teño que dar as gracias a toda a xente que me invitou a comer , Julio Crego e Carmen , Pedro e Yolanda , Gloria e Manolo , Pepe e Carmen ,Victorino e Carmen , Carmen e Cundo , Carmucha e seus pais Carmen e Alberto , Blanca ,María José ,Luis e Maria del Mar , todos os da carpa de Mera ,Loli e Luis , Pilar e Modesto , Pilar e Novo , Manolo e Carmen , Bernardo e Lola e moitos outros.Se olvido a alguén mil disculpas .
 Despois dun gran esforzo físico o estómago non está moi receptivo , pero igual que o" can das merendas" fun por tódalas mesas e probei algo en cada unha.

 A TODOS OUTRA VEZ MOITAS , MOITAS GRACIAS

Música e baile antes de empezar o xantar

Un aperitivo antes de comer

Aqui estou con tres rapaces de Mera e Feás

Parece que habia sede

Na casa de Carmen e Julio Crego ,  fame non pasaron

Julio preparado para facerse cargo de parte da cacerola

A carpa de Pedro era das máis grandes

Pedro peleandose cunha estupenda paella ( con langosta incluida)

Cundo e Carmen xunto con outros familiares

Gloria en plena faena

Eleno , Carmen, Pepe , Victorino e Isabel ,

A carpa dun grupo de Mera

Montse coa súa filla

Manolo parece ben satisfeito

Montse e Pilar tiñan calor

María e Alejandra , unha estupenda representación de Colombia e Mera de arriba.

Carmen non para de traballar

A xente nova garante a continuidade da Romaxe

José Antonio moi ben acompañado

Aqui estou  entre tres fermosas rapazas  , María, Alejandra e Carmen

Bernardo e Lola

Momento de conversa

Vista da Romaxe


Merendas e máis merendas



Encontros no medio da Romaxe

Carmucha ó fondo tomando o postre

Alberto e Carmen

Isabel fixo un estupendo flan de café



Rúa central da Romaxe

Hora de charlar e tomar o café




Preparando unha cabaza ( Foto cedida por Alejandra)

Os irmáns Sordo , Marichu , Carmen, Loli, Javier ........Contentos estaban
Vicente emocionado ( Foto cedida por Alejandra)
La bella Alejandra  , de Mera de arriba 
Carmen coa xente nova

A casa de Julio e Carmen







(Foto cedida por Alejandra )
( Foto cedida por Alejandra)
Pola noite , tamén orquesta.
Os encargados da intendencia

Os gaiteiros animando a sobremesa ( Foto cedida )