¡¡Cando un empeza a perder a cabeciña xa non hai nada que facer !! .
Despois de 17 anos facendo case tódolos dias o traxecto de Neda a Mera en coche para ir a traballar , decidín que xa era hora de facer as cousas como se facían antiguamente , ou sexa a pé . ¿ E que millor dia que o dia da Romaxe do Casón? .
Despois de dous meses de entrenamento , facendo 10 Km diarios a pé , algún dia 20 Km. , chegou o dia , Sábado 19 de Setembro .
O dia presentouse nuboso , eu tiña previsto a saida as 7 da mañá , pero a cousa retrasouse un pouco , e saín as 7,30 horas . Aínda era noite , habia unha boa temperatura , 15 º C , e non chovía .
Nada máis empezar , todo subida ata a Cruz do Pouso e con moitos folgos ata chegar a San Sadurdiño , no Km. 10 da miña aventura . Ali un pequeno almorzo na Panadería Inxerto , un café con leite e unha napolitana de crema , xa que a continuación viña unha longa subida ata Moeche.
Case sen darme conta e coas pernas ainda en bo estado , cheguei a Moeche . A o lonxe , ala polo Ortegal , as nubes cada vez eran másis abundantes , pero eu tiña a esperanza de que non chovera . Seguín a miña andaina e parei en Balocos , en Casa Ubaldo a coller unha pouca auga e por se acaso preguntei se tiñan algún plástico para a choiva , e si o tiñan . Merquei un deses tipo capa que levan os peregrinos para taparse eles e as mochilas . Eu tamén levaba unha pequena mochilas as costas .
Esquecíame , unhos kilómetros antes pasaron os compañeiros do 061 camiño de Ferrol . Cristina ia ó volante e saudome efusivamente pero con cara de asombro , ( " pero que fai este tolo por aqui" , pensaría ).Un pouco antes tamén pasou Maria , a farmaceutica de Mera , ela xa sabía da miña tolería , e me fixo o ofrecemente de levarme no coche , ¿ veríame cara de arrepentido ? , a o que me neguei rotundamente seguro das miñas forzas . ¡¡Un home é un home !!
Chegando a Abade empezou a chover , metinme nunha parada de autobús e alí ó abrigo puxen esa elegante capa plástica con capucha que unhos kilómetros atrás mercara en Casa Ubaldo .Así , ben tapadiño , seguín a miña marcha , non sen antes recibir no movil unha chamada dunha preocupada María avisándome de que en Mera estaba chovendo moito e reiteranadome o ofrecemento de vir a buscarme no coche . Agradecinlle o detalle pero eu tapadiño co meu plástico non tiña xa problema coa auga e seguia a paso firme camiño de Mera , bueno , firme si , pero non tanto como ao principio .
Tamén pasaron de volta de Ferrol os do 061 , que vendo que chovía e eu levaba aquela pinta , se ofreceron a levarme na Ambulancia . "Graciñas , se teño algún problema xa vos chamarei ", contesteilles orgulloso da miña fazaña . Cristina seguia alucinando.
Cheguei á Barqueira e case non chovía . Collín novos ánimos xa que ata Mera agora xa era todo costa abaixo.
Xa cos pés un pouco doloridos e sen outros problemas , cheguei a Mera as 13.00 horas , e dende alí , e despois de cambiar a roupa mollada , seguín ata a Romaxe do Casón donde cheguei as 13.45 horas , ante o asombro de moitos de meus pacientes que ali estaban , que despois de enterarse que viña a pé dende Neda , pensaron que me volvera tolo.
Tiven moitas invitacións para comer , pero xa quedara con Pili e con outra xente de Mera . Agradezo profundamente tódalas invitacións e o cariño con que me recibiron na Romaxe , unha das últimas romaxes de verdade , cunha tradición centenaria .
A experiencia foi moi boa . Dende Neda ata o Casón hai 37 Km. que recorrín en 5 horas.
Fixen algunhas fotos da Romaxe , que podedes ver a continuación .
FOTOS DA ROMAXE 2.009
Loli e Vicente , os cociñeiros
Cambiando impresións entre profesionais
Paseo central da Romaxe
Parece que chove
Javier xa é avó
Vicente e Novo dous homes con forza , Modesto dirixindo a maniobra
Preparando as sardiñas
Ramón Crego
Carmen e Isbael cos seus maridos
A xente xa localizou onde estaban as sardiñas
O cociñeiro ten estilo
Pili non quere que a xente pase sede
¡¡¡ Que aprendan os valencianos a facer unha paella !!!!
Suso da Loira dando boa conta dunha sardiña
Xente nova
carpa internacional
Nino levando máis sardiñas
Esperando polas sardiñas
Luis Piñeiro en medio do fume
¡¡¡ E veña sardiñas !!!
Andrés cortando o pan
Loli , ¿ falta moito ? , a xente ten fame
eso si que é bailar !!!!
Os gaiteiros
¿ valenciana ? , Non , galega cen por cen
e agora , a comer
Luis e Javier no remolque-nevera
Carlos cortando xamón
E para facer a dixestión nada millor que un bo requeixo
A Vicente parece que lle gusta a paella
Luis xogando a partida
Chegou a hora de marchar coa música a outra parte .Tiña que volver , pero non a pé ,no tren das oito . Despedinme e volvin andando ata Mera . No Casón continuaba a festa e o bo comer e beber ata ben entrada a noite coma é tradicional . Boa festa a todos , e que esta Romaxe dure moitos , moitos anos.
Cheguei a Mera , a Casa Andrea , e non habia ninguen na rúa , a maioria da xente quedaba no Casón .Falei un pouco con Marisol , Paco , Antonio , Irene ,e estiven admirando o rio xa que habia unha marea moi alta que chegaba ata a ponte . Fixen algunhas fotos .
Rio Mera
Mera solitaria , todos na Romaxe
Rio Mera
Rio Mera
Chegou a hora de marchar , son as 19.45 , vou subindo para a estación
O tren das 8 e dez chegou as 8 e dez . Unha viaxe tranquila e gratis ata Xuvia , o tren non levaba revisor e non me cobraron.
Como a cabeciña non vai ir a millor , repetirei a tolería de vir andando de Neda ata Mera , sempre que haxa saúde .
Ah.., moitas maniotas nas pernas e nádegas , pero unhas maniotas cúranse con outras . Hoxe , dentro dun pouco , irei a andar 10 Km.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.