Un ano máis chegou o mes de Setembro e como non podía ser menos, a Romaxe do Casón en San Adrián ( Ortigueira) , una oportunidade inmellorable para facer unha boa andaina e acompañar a moita xente coñecida nesa maravillosa Romaxe.As previsións do tempo non podían ser mellores , todo apuntaba a un día soleado e con boa temperatura.
Despois de facer tódolos preparativos o día anterior , levanteime as 04.45 horas para facer un bo almorzo e finalizar a preparación da mochila con botellas de auga e bebida isotónica , 3 plátanos , barras enerxéticas e unhos preparados de fruta . A mochila pesa unhos 7 Kg. , moito peso para unha andina longa e de gran dificultad. O vindeiro ano , se hai saúde , teño que facelo dotra maneira , pero non é posible levar tanto peso.Chegado o 2013 , e se a crise non acaba con nos , xa artellarei algo para ir máis libre.
Saín da casa as 06.00 horas , habia unha noite estrelada e moi boa temperatura . Inicio a andaina e durante hora e media aproximadamente camiñei de noite . As 07.30 horas xa habia unha luz do amencer que permitía camiñar sen linterna.. Camiñei sen problemas ata o pantano das Forcadas donde fixen un pequeno descanso para repoñer forzas .
O tramo ata Porto do Cabo tamén resultou sen problemas , unicamente o susto que me deron alguns cazadores que andaben facendo unha batida , creo que para cazar corzos. Como xa é tradicional nas anteriores andainas parei en Porto do Cabo e refresquei os pés e un pequeno lavado de cabeza e cara nunga auga fría que foi moi reparadora. Saindo deste lugar , espera unha subida importante por un camiño de monte en bastante boas condicións ..... Sisalde , A Veciñeira e a partir deste lugar xa empezo a adentrarme na Serra da Capelada , pasando por Candales e como última aldea antes de chegar a San Andrés , Reboredo , coa capela de San Roque .
Xa cos pés bastante perxudicados vexo ó lonxe a aldea de San Andrés .
Para chegar ali, baixo polo milladoiro , unha baixada de máis de 1 Km.
cunha pendente moi seria chea de pedras e curvas . As dedas son as que
máis sufre xa que se clavan con forza contra o fondo da bota . Pero non
queda máis remedio que baixar . Chego a San Andrés e xa escoito o coro
da iglesia . Debe de haber misa nese momento. Paro no primeiro bar que
hai entrando dende o milladorio . Tomo unha caña de cervexa ben grande e
fresquiña ,,¡¡ soubome a gloria !!. merco duas botellas de auga e con
determinación empezo o meu camiño para chegar a Romaxe do Cason . Son as
12.30 horas.
Igual que baixei polo milladoiro de
Cedeira agora penso subir polo milladoiro de Mera . Esto xa son palabras
maiores . Despois de pasar polo aparcadoiro , onde habia 9 autobuses e
máis de 100 turismos ( San Andres é o santuario católico máis visitado
de Galicia despois do de Santiago de Compostela) , collo o camiño da
esquerda , paso pola Lagoa e inicio unha subida tremenda por un camiño
que discurre entre congostras e tapado con moita vegetación... pedras ,
moitas pedras que fan a subida ainda máis dificil.
Teño que
confesar que chegeui ó final do milladoiro bastante perxudicado . Tiven
que descansar un rato antes de sair pola carretera ata o Campo da
Armada.
Quedanme para chegar ata o Casón unhos 10 Km. ,
os peores, xa que son os últimos, e os pés xa empezan a doer bastante ,
pero non vou quedar eiqui asi que inicio o camiño ata o Casón . Coñezo
ben o camiño e son consciente do que me vai quedando. Chego por fin ó
cruze da Fervenza e do Pozo do Inferno , e xa estou ouvindo os foguetes
da romaxe . Són anxelical para mín xa que teño a miña meta moi preto .
É
a primeira vez que baixo polo camiño do Pozo do Inferno , xa empezou a
música da orquesta . Cada vez o son está máis preto . Paro un momento
no camiño e cambio de roupa xa que non quero que pensen que chegou á
Romaxe un castrón.
Pozo do Inferno , lugar por donde pasei na baixada ó Casón ( Foto de Alejandra)
A Fervenza , xunto co Pozo do Inferno , duas maravillas naturales que puiden ver mentras baixaba.
¡¡¡ Que baño me pegaría nese momento que viña feito polvo !!
( Foto cedida por Alejandra )
¡¡ Xa cheguei !!.Son as 14.30 horas. O Camiño polo que baixei vai dar á pista entre a Pena do Vilar e o Casón.
A
orqueta tocando e mozos e maiores bailando . Esa foi a miña primeira
visión cando cheguei ó meu destiño , A ROMAXE DO CASÓN . Un ano maís o
corpo aguantou ben . Agora a disfrutar un pouco deste lugar , desta
maravillosa xente e desta Romaxe inigualable.
Como cada ano teño que dar as gracias a toda a xente que me invitou a comer , Julio Crego e Carmen , Pedro e Yolanda , Gloria e Manolo , Pepe e Carmen ,Victorino e Carmen , Carmen e Cundo , Carmucha e seus pais Carmen e Alberto , Blanca ,María José ,Luis e Maria del Mar , todos os da carpa de Mera ,Loli e Luis , Pilar e Modesto , Pilar e Novo , Manolo e Carmen , Bernardo e Lola e moitos outros.Se olvido a alguén mil disculpas .
Despois dun gran esforzo físico o estómago non está moi receptivo , pero igual que o" can das merendas" fun por tódalas mesas e probei algo en cada unha.
A TODOS OUTRA VEZ MOITAS , MOITAS GRACIAS
|
Música e baile antes de empezar o xantar |
|
Un aperitivo antes de comer |
|
Aqui estou con tres rapaces de Mera e Feás |
|
Parece que habia sede |
|
Na casa de Carmen e Julio Crego , fame non pasaron |
|
Julio preparado para facerse cargo de parte da cacerola |
|
A carpa de Pedro era das máis grandes |
|
Pedro peleandose cunha estupenda paella ( con langosta incluida) |
|
Cundo e Carmen xunto con outros familiares |
|
Gloria en plena faena |
|
Eleno , Carmen, Pepe , Victorino e Isabel , |
|
A carpa dun grupo de Mera |
|
Montse coa súa filla |
|
Manolo parece ben satisfeito |
|
Montse e Pilar tiñan calor |
|
María e Alejandra , unha estupenda representación de Colombia e Mera de arriba. |
|
Carmen non para de traballar |
|
A xente nova garante a continuidade da Romaxe |
|
José Antonio moi ben acompañado |
|
Aqui estou entre tres fermosas rapazas , María, Alejandra e Carmen |
|
Bernardo e Lola |
|
Momento de conversa |
|
Vista da Romaxe |
|
Merendas e máis merendas |
|
Encontros no medio da Romaxe |
|
Carmucha ó fondo tomando o postre |
|
Alberto e Carmen |
|
Isabel fixo un estupendo flan de café |
|
Rúa central da Romaxe |
|
Hora de charlar e tomar o café |
|
Preparando unha cabaza ( Foto cedida por Alejandra) |
|
Os irmáns Sordo , Marichu , Carmen, Loli, Javier ........Contentos estaban |
|
|
Vicente emocionado ( Foto cedida por Alejandra) |
|
La bella Alejandra , de Mera de arriba |
|
Carmen coa xente nova |
|
A casa de Julio e Carmen
(Foto cedida por Alejandra )
( Foto cedida por Alejandra)
Pola noite , tamén orquesta.
Os encargados da intendencia
Os gaiteiros animando a sobremesa ( Foto cedida ) |